Está situado na praza da Pedreira, así chamada polas actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade.Construido durante os séculos XVII –XVIII, é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araújo, Mirand...
É un dos símbolos da cidade e tamén a causa directa da súa existencia. Foi construída polos romanos para salvar o leito do río Lérez nunha das súas principais rotas de comunicación terrestre: a vía XIX.A ponte mantívose en pé ata mediados do século XII, aínda que en tan mal estado que houbo necesidade de facer unha nova ao seu carón. Pero cando isto aconteceu xa servira para bautiza...
Situado na Alameda, mantén o estilo de arquitectura de finais do s. XIX. Foi construído por Alejandro Rodríguez Sesmeros.Trátase dunha construción de dous andares de altura, formada por un corpo único, que remata en dúas torres aos lados. O seu trazo máis destacable é a profusa decoración da fachada. Acolle a Deputación Provincial e atópase recentemente restaurado sendo tamén sede principal das B...
A praza de Touros de Pontevedra alberga entre os seus tendidos unha grande historia. O edificio orixinal era de madeira e foi construído en 1892 e inaugurado en agosto dese mesmo ano.Tras a corrida inaugural tiraríase para construír a praza definitiva en pedra que sería inaugurada en 1900. Ten dous pisos, o primeiro decidado a tendidos e o segundo a palcos , cunha cabida de 7.600 localidades. Fuente: visit-pontevedra.com
Na rúa de D. Filiberto atópase un dos edificios máis cargados de lenda da cidade: A Casa das campás, hoxe sede pontevedresa do reitorado da universidade. Considerada como a construción civil máis antiga e mellor conservada de toda a cidade, a Casa das campás conserva a fachada do século XV con dous arcos conopiales de entrada así como os vans orixinais e algunhas labras heráldicas. Pero iso é arquitectura....
O Mercado de Pontevedra, sitúase na marxe do río Lérez, é un importante dinamizador da zona onde ten lugar unha gran concentración da actividade comercial.Tras 50 anos de funcionamento foi reformado no ano 2003 polo arquitecto Cesar Portela. Baixo o edificio construír un aparcadoiro subterráneo de dúas plantas e finalizado este procedeuse á reconstrución do novo mercado mantendo integramente as antigas fachadas e esca...
Edificada entre 1696 e 1714, esta igrexa xesuíta de estilo barroco segue as pautas estilísticas triunfantes en Roma nese momento. No seu interior atesoura un extraordinario conxunto de retablos e esculturas, atribuídas a artistas da envergadura de Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo ou Bieito Silveira, entre outros das escolas compostelá e castelá. Cómpre destacar a imaxe da Virxe do O así como a da Magdalena.O edificio con...
O mosteiro de San Salvador ou San Benito atópase na comarca de Lérez onde o Camiño Portugués a Santiago coincide coa calzada romana. Foi fundado no século X polos monxes benedictinos.Perdeuse o estilo románico da construción orixinal. Na actualidade, a igrexa é neoclásica cunha fachada barroca do século XVIII na que se atopa a imaxe de San Benito.No s. XVI albergou un colexio de humanidades e filosofía n...
A Igrexa de Santa María é sen dúbida o mellor exemplo de arquitectura relixiosa de toda a cidade. A Real Basílica de Santa María A Maior iníciase no século XVI como iniciativa do gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo e puxante barrio mariñeiro.Declarada Monumento histórico Artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este ú...