Mirador de A Fracha - PONTEVEDRA

A 8 kms de Pontevedra, collendo a estrada de Ponte Caldelas, e pasando polo parque empresarial O Campiño, atopámonos co monte A Fracha. Despois de ascender por unha pista asfaltada, con moita vexetación nos seus laterais, e despois de serpentear por unhas e outras rutas, e dependendo da vertente que elixamos, podemos ter unhas moi boas vistas sobre a cidade de Pontevedra, así como da maior parte das parroquias da súa contorna.

A primeira vista que nos aparece, e para iso é aconsellable coller a ruta da esquerda, xa cando ascendemos á metade da montaña, e mirando cara ao oeste, vemos Pontevedra e a Ría de Pontevedra. Ao pé do monte temos a parroquia de Marcón, con todas as casas repartidas ao longo e ancho do territorio. Moi preto deste punto existen unhas mesas onde poderse sentar a tomar un pic-nic e descansar.

Se damos a volta, retrocedendo uns 200 metros, baixamos e collemos ruta cara ao sur, bordeando o monte e podendo parar en varios puntos, para observar vistas sobre o mesmo monte, fontes, ruachuelos e sobre as parroquias de Tomeza, Salcedo, e ao fondo, a penísula de O morrazo.

A pista que transcorremos ata agora estaba asfaltada, pero chegamos a unha co pavimento de grava, pola que temos que circular amodo. Un 800 m. mais adiante xa observamos ao fondo o mar, a enseada de San Simón.

É unha situación privilexiada para observar este panorama, pois se ve toda a ria de Vigo, collendo toda a enseada ata a ponte de Rande. Unhas estupendas vistas que, en dia claro e sen bruma, pódense obter unhas magnificas panoramicas.

Continuando o camiño, e coa pista por onde circulamos, que continua sendo de grava e con algun que outra fochanca, podemos seguir observando fontes, que se utilizan para que os cabalos que andan soltos polo monte poidan abeberar, regatos e unha gran variedade de flora. Tamén se poden ver animais soltos (cabalos e vacas).

Imos empezar unha baixada, que pasa por diante dunhas canteiras, polo que por esta zona temos que reducir a velocidade, posto que debido ao paso dos camións, existen bastantes irregularidades no pavimento. Esta baixada lévanos á confluencia dunha estrada asfaltada, bastante estreita, que se collemos á esquerda lévanos ao municipio de Ponte Caldelas, e á dereita imos cara a Soutomaior.

Aconséllase andar con precaución, posto que por estes percorridos adoitan andar bastantes ciclistas practicando bicicleta de montaña.

Todo este percorrido pódese reallizar en aproximadamente en 60-90 minutos, dependendo do que se invista nas paradas, pero merece a pena realizala.