Monasterio de San Salvador de Lérez - PONTEVEDRA

O mosteiro de San Salvador ou San Benito atópase na comarca de Lérez onde o Camiño Portugués a Santiago coincide coa calzada romana. Foi fundado no século X polos monxes benedictinos.
Perdeuse o estilo románico da construción orixinal. Na actualidade, a igrexa é neoclásica cunha fachada barroca do século XVIII na que se atopa a imaxe de San Benito.

No s. XVI albergou un colexio de humanidades e filosofía no que estudiaron e ensinaron persoas importantes como o Pai Sarmiento e o Pai Feijoo.


Do seu interior cabe destaca-la capela de San Benito, construída no ano 1700 e na que se pode observar unha fermosa imaxe do Salvador. Ten unha famosa romaría en honor a San Benito que se celebra o 11 de xullo e a que acoden cada ano centos de galegos. 


Fuente: visit-pontevedra.com