Ciclo Imperdibles: XOEL LÓPEZ

"Paramales" (Esmerarte 2015), o decimoterceiro álbum na carreira de Xoel López e segundo en solitario, é un paso máis no sonido do galego. Unha porta que se abre para deixar entrar aires contemporáneos e urbanitas en 13 cancións grabadas nos Estudios Reno de Madrid, pero concebidas a ambas marxes do Atlántico.

Revisionismo músico-persoal co que se atreve a rescatar dende a súa etapa mod e o seu gusto polo Northern Soul e Small Faces, hata guiños afrogalaicos, pasando polas suas habituais guitarras españolas, atrevidos xogos de stereos ou riffs aos que nos tiña acostumados anos atrás.

O seu directo é toda unha caravana musical: acompáñano 6 músicos no escenario, etre os que se atopan Miguel Rivera (Maga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvigne) ou Iván González -Chapo (M Clan, Amaral).

Un disco para tódolos públicos, edades e gustos musicais. Un Xoel López en estado de graza.


Data: 11/12/2015 21:00 - 11/12/2015 23:45