Pazo de Mugartegui - PONTEVEDRA

Está situado na praza da Pedreira, así chamada polas actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade.

Construido durante os séculos XVII –XVIII, é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco. 

Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araújo, Miranda e Quirós e, coroando a construción, un magnífico exemplar de reloxo de sol. Alberga, ademais, o Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Arquitectura civil

  • Accesibilidade para discapacitados Si
  • Centrico Si
  • Cobran entrada Non
  • Deixan sacar fotos o grabar videos Si