O Teatro Principal atópase emprazado no centro da cidade, en pleno centro histórico de Pontevedra, na rúa Paio Gómez Chariño, moi preto da Alameda de Pontevedra.
O seu estilo decorativo busca combinar aspectos dos teatros do século XIX cun interior máis actual e moderno.
O Teatro Principal ten unha ampla e variada oferta cultural ao longo do ano.
As representacións teatrais e a música teñen un papel importante na programación anual deste espazocomposta principalmente por representacións teatrais e concertos.