Alameda do Arquitecto Alejandro Sesmeros - PONTEVEDRA
Gran Vía de Montero Ríos 36001 - Pontevedra
This page can't load Google Maps correctly.
Do you own this website?

Trátase dun conxunto con tres áreas ben diferenciadas, coa Alameda separada das outras dúas (o xardín de Eduardo Vicenti e o paseo das Palmeiras) polo paseo peonil de Montero Ríos e os edificios do Instituto Valle Inclán, a Deputación e a Delegación de Educación. 
O conxunto conforma o típico espacio urbano nacido a principios do século XX, cando se derrubaron os muros da cidade e prodúcese unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que era a horta do Convento de San Domingos foron construíndose a avenida e a Alameda, que chegaba ate as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.
No espacioso paseo de Montero Ríos atoparemos algúns edificios interesantes como o Palacio da Deputación, o Instituto Valle-Inclán e a Delegación de Educación e xa na contigua Praza de España, a Delegación do Goberno, a Casa do Concello e os Xardíns do Doutor Marescot. 
A Alameda leva oficialmente o nome do arquitecto Sesmeros. No extremo situado fronte o concello poderemos ver o monumento os Heroes de Ponte Sampaio construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as topas napoleónicas en 1808. O resto conserva o chan térreo con amplas avenidas delimitadas por filas de ameneiros, plataneiros e carballos. 
Entre o instituto e a deputación atopamos os xardíns de Colón con unha fermosa roseira es as emblemáticas camelias. 
Un espléndido paseo de palmeiras e magnolias lévanos os Xardíns Vicenti . Un lugar precioso onde especies arbóreas de gran presencia como os cedros de Líbano, acivros e teixos, xunto con pequenos xardíns, compoñen preciosos recunchos para sentarse, ler ou gozar da paisaxe. Completan os xardíns unha zona de xogos infantís, varias paxareiras e estanques de aves. - 


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Imprescindible

  • Accesibilidad para discapacitados Si
  • Centrico Si
  • Cobran entrada Non
BESbswy