Pontevedra dispón de varios parques infantís totalmente equipados, onde os pequenos poderán gozar da súa estancia na nosa cidade.
Disponse do parque na Praza de Barcelos, de recente remodelación, outro no o parque das Palmeiras, nos Xardíns de Vicenti e outro en Campolongo, todos eles céntricos. O do Parque da familia, a beiras do Río Lérez. Outra opción é a de dar un paseo a beira do Río dos Gafos. Un sitio ideal para pasear e para que os peques poidan gozar vendo os patos e outros animalitos.
A Praza da Ferrería, Praza da Verdura e Praza da Leña, amplos espazos onde se poden divertir, e onde hai gran cantidade de terrazas onde poder tomarse algo mentres os pequenos xoguen libremente.
O Museo de Pontevedra conta cun programa infantil que inclúe contacontos, talleres, xogos, etc.
Ademais hai varios centros ou establecementos que dispoñen de parques infantís, como son o do Centro Comercial da Barca, ou que está sobre a pasarela do tren (rúa 12 de novembro).
Para poder comer os pequenos, dispoñen en todo o centro histórico de cantidade de establecementos onde poder degustar do que mais lles gúste, coa vantaxe de que poden abandoar a súa mesa e saír a xogar ou distraerse polas múltiples rúas e prazas libres de vehículos.
Se se desexa mercar para eles, hai varios establecementos especializados en produtos para os peques, na rúa Joaquin Costa, Rúa Michelena, e outros varios.