Plaza de España - PONTEVEDRA

A Praza de España atópase presidida polo Pazo Municipal obra do arquitecto Alejandro Sesmero que tamén habería de deixar o seu sinal noutros edificios próximos así como no mobiliario urbano.

Podemos observar o bulicio e o dinamismo deste punto central da cidade desde algúns dos Cafés próximos. 

Fronte a casa do concello sitúase o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, obra do escultor González Pola, que rememora a vitoria fronte aos franceses na batalla que lle da nome.
Despois de admirar as Ruínas de San Domingos poderemos achegarnos ata o Instituto Valle-Inclán, unha das escasas mostras da arquitectura modernista en Pontevedra.

Ao pasar o instituto atoparemos de seguida o Pazo de Deputación, maxestosa construción do século XIX, obra de Domingo e Alejandro Sesmero.

Finaliza o paseo ante a se de da Delegación de Educación antiga Escola de Artes e Oficios inaugurada en 1899 obra de Andrés Calvo.
Por último a Praza de España conta con numerosos espazos verdes. En primeiro lugar a Alameda do Arquitecto Sesmero que ocupa a antiga horta do convento de San Domingos. Ao atravesar a alameda chegaremos os Xardíns do Dr. Marescot, pequeno oasis que ofrece a súa reconfortante sombra ante a fachada do antigo edificio da Maestranza orixinario do século XVII e que sufriu diversas modificacións ao longo dos séculos. Non lonxe deste lugar sitúanse os Xardíns de Colón e os Xardíns de Eduardo Vicenti que coroan o agradable paseo polo corazón verde da cidade. 


Fuente: visit-pontevedra.com

Características de Plazas e xardíns

  • Centrica Si
  • Peonil Si