Poñemonos na en a Praza de España, frente á sede do Concello e principiamos o noso paseo pola atractiva zona antiga da cidade, que destaca, máis alá do indudable interese dos seus monumentos, polo seu harmonioso conxunto pétreo, cheoo de casas nobles blasonadas, soportales e Prazas que manteñen unha forte vitalidade urbana.
Dende esta Praza, dirixiremos hacia a Basílica de Santa María A Maior, situada en un dos puntos máis altos da cidade. Foi erixida no século XVI, costeada polo gremio dos mareantes, cuio barrio de A Moureira asentabase ó pe da fachada sur do templo, fachada plateresca de moi lograda factura. Buscando o carácter fidalgo da cidade desprazamonos a través da rúa Isabel II hacia a Praza de O Teucro, nome do mítico fundador grego da cidade, na que nos detremos a contemplar varios pazos barrocos (Gago, Montenegro, o do conde de San Román e Pita). Seguindo camiño e visitando as Prazas de Curros Enríquez e Méndez Núñez vemos as pegadas da hidalguía en numerosas residencias. E interesante pasear por estas laberínticas pero evocadoras rúas, especialmente fermosas nas horas nocturnas, que se abren continuamente en acolledoras Prazas que en varios casos manteñen o nome da sua vocación mercantil tradicional, como a da Verdura, ou a da Leña, moi típica e de carácter popular, con casas de boa cantería granítica, soportales, galerías e un cruceiro no centro que conforman unha das postales máis coñecidas da urbe.
Neste lugar atopase o Museo de Pontevedra, que hai que visitar pola importancia e variedade das súas coleccións. Moi preto temos a Praza de A Ferrería que toma este nome das forxas que antigamente existían nos soportales da Praza. Formada por tres Prazas. Destaca no medio dos xardins de Castro Sanpedro, a Fonte da Ferrería (século XVI), reconstruida neste lugar en 1930 tras haber sido retirada do centro da Praza no século XIX. Ó lado, temos o Convento de San Francisco, Monumento Nacional. Construido durante os ss. XIII e XIV, en estilo gótico tardío. No seu interior conservanse varios sepulcros medievais, entre eles chama a atención a zona do crucero e á esquerda da Capela maior a sepultura de Pai Gómez Chariño, trovador e almirante. Formou parte do veljo Monasterio de San Francisco, reparado recentemente a causa dun incendio producido fai uns anos.
A 50 m. está a Igrexa de A Peregrina, Construida a partir de 1778 según trazas de Antonio de Souto con colaboración de Bernardo José de Mier. Combina fórmulas típicas do último barroco con suxerencias xa neoclásicas. A súa planta está inspirada nunha vieira, símbolo por antonomasia dos peregrinos, dentro da cal inscribese unha cruz. o retablo maIor, neoclásico, foi trazado en 1789 por Melchor de Prado, con variacións levadas a cabo polo seu hirman Manuel e Juan Pernas Gambino. Moi curioso é o pilón de auga bendita, nada menos que unha concha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez. A fachada principal, obra de Antón Souto, vai precedida dun sinxelo atrio con escaleira, perimetrado por balaustrada con pináculos. A portada acolle no alto a imaxe da Peregrina (s. XIX), patrona da provincia de Pontevedra, nunha hornacina. Destacar a fonte de pedra situada ó pe das escaleiras da portada principal.
Volvemos pola Praza de A Ferrería, atravesándoa diagonalmente, e seguindo a rúa San Román, cruzamos a Praza da Verdura, e diriximonos ó Puente de O Burgo, pero antes polo camiño visitamos a Praza de A Pedreira, donde se atopa o pazo barroco de Mugartegui, a sede do Consello Regulador da Denominación de Orige Rías Baixas, e en unha das suas esquinas unha antiga casa que conforma un arco polo que nos indica a saída da Praza, e o magnífico Mercado de Abastos, restaurado polo arquitecto César Portela en 2003, continuando camiño hacia a Ponte de O Burgo de orixe romano pero sustituido no s. XII por outro con once arcos de medio punto, polo que transcurre o Camiño Xacobeo Portugués no que se sitúa a fermosa capela do Santiaguiño.
Despois diriximonos hacia o Parador Nacional de Turismo, levantado entre os s. XVI e XVIII. Continuando ascendendo polas estreitas rúas, chegamos ó punto de partida, a Praza de España A ésta rodeanna os edificios emblemáticos da cidade, entre eles o Concello.
Ademáis constitue o lugar de inicio da Alameda, e dun amplo paseo peatonal. Nun lateral de esta Praza atopanse as Ruinas góticas de Santo Domingo. Os dominicos chegaron a Pontevedra a finais do S. XII e comenzaron a construcción dese templo gótico no século XIII. No Século XVIII intentaron una reconstrucción do estilo neoclásico, pero quedou sin concluir, como tamén quedóu sin concluir o derrubo do ábside gótico da primeira igrexa. Conservase a cabeceira da igrexa con cinco ábsides poligonales e un muro lateral con unha pequena portada e rosetón. Contén a sección de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra e a exposición de estelas romanas, capiteles visigóticos, sepulcros medievales ...
Para encamiñarnos xa ó final da ruta continuamos pola Avda. da Raíña Victoria Eugenia e San Roque hacia a Praza de Touros, en cuias cercanías ainda temos a sorte de poder visitar algunhas das tradicionais casas de pescadores do barrio de A Moureira. Este barrio atopase situado a orillas do río Lérez. O nome procede de salmoira, empregada na salazón da sardiña. Está constituida por tortuosas rúas que agachan moitas e fermosísimas casas de patín, antigas residencias de pescadores, que alternan con outras modalidades de casas mariñeiras como as casas terreñas e casas con sobrado ou entre medianeras. Aida conserva as típicas casas rematadas en forma de mitra, que no s. XV recibían o nome de Casas de Outón. Mui simples pero de gran tipismo e fermosura, encaladas e a doble vertente. Dende aquí volvemos hacia a Alameda e á Praza de España, inicio do noso recorrido.
A Praza de España atópase presidida polo Pazo Municipal obra do arquitecto Alejandro Sesmero que tamén habería de deixar o seu sinal noutros edificios próximos así como no mobiliario urbano.
Podemos observar o bulicio e o dinamismo deste punto central da cidade desde algúns dos Cafés próximos.
Fronte a casa do concello sitúase o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, obra do escultor González Pola, que rememora a vitoria fronte aos franceses na batalla que lle da nome.
Despois de admirar as Ruínas de San Domingos poderemos achegarnos ata o Instituto Valle-Inclán, unha das escasas mostras da arquitectura modernista en Pontevedra.
Ao pasar o instituto atoparemos de seguida o Pazo de Deputación, maxestosa construción do século XIX, obra de Domingo e Alejandro Sesmero.
Finaliza o paseo ante a se de da Delegación de Educación antiga Escola de Artes e Oficios inaugurada en 1899 obra de Andrés Calvo.
Por último a Praza de España conta con numerosos espazos verdes. En primeiro lugar a Alameda do Arquitecto Sesmero que ocupa a antiga horta do convento de San Domingos. Ao atravesar a alameda chegaremos os Xardíns do Dr. Marescot, pequeno oasis que ofrece a súa reconfortante sombra ante a fachada do antigo edificio da Maestranza orixinario do século XVII e que sufriu diversas modificacións ao longo dos séculos. Non lonxe deste lugar sitúanse os Xardíns de Colón e os Xardíns de Eduardo Vicenti que coroan o agradable paseo polo corazón verde da cidade.
Fuente: visit-pontevedra.com
A Igrexa de Santa María é sen dúbida o mellor exemplo de arquitectura relixiosa de toda a cidade. A Real Basílica de Santa María A Maior iníciase no século XVI como iniciativa do gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo e puxante barrio mariñeiro.
Declarada Monumento histórico Artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este último estilo pertence a súa fachada principal (s. XVI), obra de Cornelis de Holanda e Joãou Noble, considerada unha das obras cumio do estilo plateresco en Galicia e que alberga unha curiosa imaxe de San Xerome con anteollos. No interior, pódese contemplar o Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería -
Fuente: visit-pontevedra.com
Segundo conta a lenda, o arqueiro grego Teucro, medio irmán de Aiax, despois da Guerra de Troia, viaxou a Occidente e fundou a cidade de Pontevedra. A elite renacentista da cidade deulle pulo a este mito para ennobrecer e prestixiar a vila. Nesta praza, unha das mais fermosas de Pontevedra, podemos contemplar varios edificios interesantes como o Pazo dos Gago y Montenegro e fronte a el o Pazo do Conde de San Román. No fondo da praza á beira da rúa Real está o antigo pazo de Aranda e Guimarei. Foi unha das prazas mais señoriais da cidade e aínda hoxe conserva parte das casas nobres que a rodeaban e bos exemplos da riqueza heráldica de Pontevedra. Entre todos destaca o escudo da casa dos Gago y Montenegro, unha verdadeira xoia do barroco galego realizado no século XVI. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas mais importantes de tapeo e viños.
Fuente: visit-pontevedra.com
Leva este nome polo mercadillo que se celebraba tódalas mañás, nel vendíanse verduras, castañas e froitas. No século XIX instalouse nesta praza a fábrica da luz, sendo Pontevedra unha das primeiras cidades españolas en contar con este servicio.
Os edificios que rodean esta praza destacan polos seus soportais con antigos locais de tabernas típicas. Atopamos, ademais, unha fonte igual á existente na Praza de Curros Enríquez.
Fuente: visit-pontevedra.com
Recibe o nome do producto que nela se vendía para as antigas cociñas.
É unha das estampas máis típicas de Pontevedra co cruceiro no centro e os pequenos pazos que acollen o museo.
De carácter regular atópase rodeada de casas típicas do centro histórico. Destacan nun lateral os edificios do Museo Provincial: primeiro o de Fernández López, logo o de Castro Monteagudo e unido a este por unha graciosa ponte o de García Flórez. Estes dous últimos unha boa mostra dos pazos urbanos do século XVIII.
Tanto a praza como as rúas adxacentes son lugares significativos de tapas, viños e comidas.
Fuente: visit-pontevedra.com
Este museo repartido en seis edificios diferentes é un dos máis importantes e interesantes de Galicia. Con máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles e xoias.
1- Edificio Castro Monteagudo (s. XVIII): arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana, ourivaría popular e civil e pintura española, italiana e flamenga dos séculos XV ao XVIII.
2- Edificio García Flórez (s. XVIII), unido ao anterior: con acibeches, gravados, escultura relixiosa, cerámica de Sargadelos, o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia.
3- Edificio Fernández López, na mesma praza que os anteriores, é a sede administrativa e o centro de investigación do museo.
4- Edificio Sarmiento (s. XVIII) a carón da igrexa de San Bartolomeu e dedicado a exposicións temporais.
5- Ruínas do Convento de San Domingos (s. XIV e XV) con restos arquitectónicos de diversa procedencia.
6- Sexto edificio dedicado a exposicións temporais. Proximamente as coleccións de pintura española dos séculos XIX e XX, e a de pintura galega contemporánea pasarán a formar parte da exposición permanente deste edificio.
Santiago de Compostela : 59 Km | Lugo : 148 Km | Ourense : 102 Km | Vigo : 34 Km | A Coruña : 121 Km | Ferrol : 154 Km |
Horarios
Edificios “García Flórez” e “Castro Monteagudo”:
De martes a sábado: de 10:00 a 21:00 h.
Domingo e festivos: de 11:00 a 14:00 h.
Luns pechado
Edificios “Sarmiento” e “Sexto edificio”:
De martes a venres: de 17:00 a 21:00 h.
Sábado: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h.
Domingo e festivos: de 11:00 a 14:00 h.
Luns pechado.
Fuente: turgalicia.es
A Ferrería é sen dúbida unha das Prazas máis típicas, visitadas e queridas da cidade e centro neurálxico da vida pontevedresa. É un lugar de encontro, de actos culturais ou de xogo para pequenos e onde están algunhas das mellores terrazas da cidade.
Recibe o seu nome das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente fornecían de metal aos demais gremios da cidade. Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada, e cos Xardíns de Casto Sampedro. No medio destes últimos eríxese a afamada Fonte dá Ferrería (s.XVI). Foi reconstruída en 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza.
Todo este conxunto atópase presidido pola potente presencia de dous edificios relixiosos: San Francisco e o Santuario da Peregrina, así como por un conxunto de edificacións de pedra, algunhas asoportaladas, dunha grande harmonía.
Fuente: visit-pontevedra.com
Foi construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896.
No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV. Tamén cómpre mencionar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murais situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.
Fuente: diversas web oficiales
Construída a partir de 1778, trátase dunha das edificacións máis simbólicas e relevantes da cidade. Obra do arquitecto portugués Antonio Souto, é o santuario da patroa de Pontevedra. Está adicada á Virxe que, segúndo a tradición, guiaba ós peregrinos dende Baiona hasta Santiago.
A obra foi pagada pola Cofradía da Nosa Señora do Refuxio e Divina Peregrina. De planta case redonda en forma de cuncha de vieira remata en cruz marcada pola cabeceira e a sancristía. A fachada barroca convexa con elementos neoclásicos do século XVIII (encadrada por dúas torres).
No corpo superior imaxes de Santiago, San Roque e a Peregrina vestidos de peregrinos xacobeos, protectores dos fieis que ían a Santiago pola ruta portuguesa. Esta ornamentada fachada está precedida por un atrio con escaleiras, perimetrado por balaustrada con pináculos. Tamén cabe destacar a fonte situada o pé das súas escaleiras.
No interior do templo chama a atención o gran retablo deseñado por Melchor de Prado a principios do S.XIX. Pódese visitar durante todo o ano en horario de culto. O interior foi integramente restaurado en 2008.
Fuente: visit-pontevedra.com
Está situado na praza da Pedreira, así chamada polas actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade.
Construido durante os séculos XVII –XVIII, é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco.
Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araújo, Miranda e Quirós e, coroando a construción, un magnífico exemplar de reloxo de sol. Alberga, ademais, o Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Fuente: visit-pontevedra.com
O Mercado de Pontevedra, sitúase na marxe do río Lérez, é un importante dinamizador da zona onde ten lugar unha gran concentración da actividade comercial.
Tras 50 anos de funcionamento foi reformado no ano 2003 polo arquitecto Cesar Portela. Baixo o edificio construír un aparcadoiro subterráneo de dúas plantas e finalizado este procedeuse á reconstrución do novo mercado mantendo integramente as antigas fachadas e escalinatas interiores de cantería.
O edificio destaca, ademais de por o seu valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. Na planta baixa sitúanse os postos de peixe, de flores e de carne. No primeiro piso están instalados os postos de verduras, hortalizas e froitas así como os de carnes e queixos.
É un dos símbolos da cidade e tamén a causa directa da súa existencia. Foi construída polos romanos para salvar o leito do río Lérez nunha das súas principais rotas de comunicación terrestre: a vía XIX.
A ponte mantívose en pé ata mediados do século XII, aínda que en tan mal estado que houbo necesidade de facer unha nova ao seu carón. Pero cando isto aconteceu xa servira para bautizar o núcleo de poboación que se estaba a formar, o burgo de “Ponte Veteri”, en clara alusión á súa decrepitude. Formada por once arcos rebaixados de medio punto, está realizada en cadeirado medieval moi modificada por ampliacións posteriores.
Hoxe é paso obrigado do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago, que segue en boa parte o trazado da vía romana XIX.
Fuente: visit-pontevedra.com
O Parador atópase no casco histórico da cidade e ocupa un pazo renacentista dos séculos XVI-XVII, que foi antiga residencia dos Condes de Maceda, destacando a sua portada neoclásica e unha bella escaleira. Distinguido, señorial e ilustre son tres calificativos que definen un interior onde abundan ls detalles insignes, as antigüedades e o mobiliario de carácter rexio, e conta ademáis con relaxantes vistas sobre o xardín.
Destaca a escalinata de pedra labrada que accede ás habitacións moi acolledoras e que acentúa o señorío e a nobleza propios do edificio. O Parador conta con un excelente restaurante, dotado dun espléndido mobiliario, acorde co resto das estancias. Nel poderán degustar as excelencias da gastronomía galega.
Menú para celíacos
Fuente: visit-pontevedra.com